Comments
Previous
Episode list
Next
Help: If player is buffering please pause for 1-4 minutes then play again, it should fix the issue
Report
Note:if one of the links doesn't work, try another link from the list below.
cdn.vonae0t.club
HD Server 2
Serramoura - Season 1 - Episode 13 - Poñerse en pé

Un estraño accidente de coche cobrouse unha vítima mortal en “Serramoura”. Ata aquí todo sería, ademais de tráxico, normal. Pero o caso complicarase rapidamente, pois os primeiros indicios levarán á Garda Civil ante a certeza dun novo asasinato. Así pois, se os espectadores da serie da TVG pensaban que, tras solucionar o caso de Mónica Triáns, Diego Bazán ía abandonar a vila, estaban equivocados. Ao sarxento non lle dará tempo nin a pensalo, xa que un novo asasinato obrigarao a prolongar a súa estancia na vila.
Unha moza prostituta chamada Araceli será a vítima dun novo caso para a parella de sarxentos Neira-Bazán. Un coche sinistrado en estrañas circunstancias e unha segunda ocupante desaparecida serán as primeiras pistas para a investigación. A trama complícase cando as primeiras pescudas apuntan a un asasino a soldo como posible culpable. Quen puido contratalo?
Por outro lado, tras a detención de Gonzalo Soutelo, aos veciños de Serramoura aínda ou lles deu tempo de recobrar a normalidade. Evaristo Fiúza permanece ingresado e debátese entre a vida e a morte. E mentres o seu fillo Román se fai cargo dos seus negocios, a súa esposa Gloria conspira contra el para quedar con todo, tratando de establecer as alianzas máis inesperadas.
Also known as:
Keywords: